Andreade, en Paradela, celebra as súas festas

Andreade, en Paradela, celebra as súas festas na honra a Santiago e Santa Ana. A romaría arranca o día 25 con misa solemne, sesión vermú coa agrupación cultural Río Miño e verbena amenizada pola orquestra Panamá e coa actuación de Leticia Sabater.
O programa continúa o venres 26 con misa solemne, sesión vermú co dúo Intervalo. Ademais, organizarán o vindeiro 2 de agosto unha churrascada veciñal cunha actuación musical.