O CEIP do Páramo fai unha chamada aos pais para que traian os seus nenos á escola rural
O CEIP do Páramo celebrou unha xornada de portas abertas para que os pais puidesen ver o tipo de actividades, metodoloxía e instalacións do colexio e así apostar ou non por apuntar aos seus fillos a esta escola rural.
Desde a Anpa, Mónica conta que o CEIP O Páramo "é unha escola de aulas multigrao, que fan convivir a nenos de diversas idades nunha mesma clase, o que defende "é algo bo para o seu desenvolvemento con persoas e para ser máis sociables".
Ademais, a escola ten unha ratio reducida, está nunha contorna natural, a súa metodoloxía é de acompañamento respectuoso.
Así, os pequenos medran de forma enriquecedora e aprenden axilmente, non só cuestións técnicas, senón tamén de convivencia cos demais e coa natureza, explica.
Informou tamén de que hai un grupo de nove nenos e nenas que desfrutan dunha actividade de piscina nas instalacións do Complexo Deportivo e de Saúde de Sarria.
Estas e outras actividades forman parte do día a día deste colexio no rural, que aposta por desenvolver cada vez máis actividades, a pesar de ser poucos nenos.