'Ante a inminencia', a nova exposición do sarriao Rubén Santiago

SarriaXa
O sarriao Rubén Santiago expoñerá a súa mostra ‘Ante a Inminencia’ o vindeiro 19 de xaneiro na Coruña, unha iniciativa organizada pola universidade da Coruña co apoio do Museo Arqueolóxico.
exposición Rubén Santiago
17 Oct 2023

O sarriao Rubén Santiago expoñerá a súa mostra ‘Ante a Inminencia’ o vindeiro 19 de xaneiro na Coruña, unha iniciativa organizada pola universidade da Coruña co apoio do Museo Arqueolóxico.

A iniciativa do sarriao, que forma parte da Asociación Huhu, recolle a memoria do seu tío avó, un veciño de Paradela que foi preso político no Castelo de Santo Antón en 1936, que agora é sede do Museo Arqueolóxico desde 1968.

Co proxecto ‘Ante a inminencia’, Rubén Santiago referencia “inminencias” ecolóxicas e de supremacía social, propoñendo un enfoque transversal e propiciando a converxencia de narrativas locais nos niveis xeográfico, histórico e subxectivo da cidade da Coruña.

Santiago leva a cabo unha transferencia, tanto metafórica como física, desas dimensións internas, que se ven traspasadas ao ámbito público e ao espazo común da sala expositiva.

Para iso, o proxecto centra o seu discurso nos interiores do monumento, especificamente nese depósito do castelo, no alxibe que recolle as augas pluviais e as moedas do pozo dos desexos.

0.15038204193115