Antón Fortes Torres presentará o seu novo poemario en Lugo
O escritor Antón Fortes Torres orixinario de Sarria presentará este venres a súa nova obra “Gris cinza-barbárie, crisântemos e um urbano lugrís” na librería Trama de Lugo.
Esta última publicación é un poemario que trata temas como os xenocidios do século XX. O acto de presentación dará comezo ás 19.00 horas e contará coa intervención do autos e do poeta Luís López Alonso.
ANTÓN FORTES TORRES
O escritor nado en Sarria estudou Filoloxía Románica, Galego-Portuguesa e Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, é Catedrático de Lingua Galega e Literatura xubilado. Realizou igualmente estudos de lingua e literatura na Universidade Paul Valéry de Montpellier e nas Facultades de Letras de Coimbra e Lisboa. Colabora habitualmente na revista Xistral.
Tivo unha vida política activa, xa que foi concelleiro en Sarria polo BNG entre 1995 e 1999, e quinto nas listas desa formación en 2003. Nas eleccións municipais de 2011 volveu á corporación municipal nas listas de Independientes de Galicia, e en setembro de 2013 anunciou a súa intención de incorporarse a Compromiso por Galicia. En novembro de 2014 foi nomeado candidato de CxG nas eleccións municipais de 2015, sendo elixido concelleiro. No 2019 deixou a política partidista.