Antonio Er Mago é o primeiro artista confirmado que participará do XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria
O mago sarriao Roberto Lolo vén de anunciar as datas do XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, que será os vindeiros 22, 23, 24 e 25 de agosto, como sempre en diferentes localizacións da vila sarriá.
Ademais, vén de confirmar o primeiro artista que estará neste recoñecido festival do mago que tamén promoveu recentemente o I Encontro de Maxia Rural. Este será Er Mago Antonio, que estará por primeira vez en Galicia e que Roberto Lolo presenta como o “el flamante finalista e botón de oro da última edición de Got Talent España.
Er Mago Antonio virá desde Chiclana de la Frontera ata Sarria para que todo o público desfrute “do seu bo humor e simpatía”, tal como explica o mago sarriao, e engade que o considerado ‘Hijo secreto de Flo’ “desborda humor, maxia e alegría, aparte de ser unha persoa excelente, próxima e que me fai moi feliz que todo o público sarriao o coñeza”.