Aprobada en pleno unha nova revisión do PXOM no Incio
SarriaXa
O Concello do Incio aprobou na sesión plenaria deste venres a reforma no Plan Xeral de Ordenación Municipal.
8 Nov 2021
Este venres, no pleno celebrado no Concello de O Incio aprobouse de modo provisional unha nova revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, polo que o seguinte paso será envialo á Xunta para que autorice a reforma.
Xa fai 10 anos que comezou a revisarse este documento para minimizar o chán urbán e reducir así as cantidades de Ibi que pagan os veciños da zona despois da subida efectuada tras a regulación catastral que elevou o valor das fincas e terreos.