Aprobada no pleno de Sarria a instancia de reubicar o parque infantil de Oural
O pleno de Sarria, celebrado de maneira telemática, aprobou dúas mocións presentadas polo Partido Popular da vila. Na primeira, aprobouse por maioría absoluta a instancia de reubicar o parque infantil de Oural de forma axeitada e consensuada cos veciños e veciñas da zona.
Desta maneira, con isto preténdese que se recupere a integridade orixinal da pista do campo das festas de Oural, perxudicado "coa abusiva actuación do goberno municipal".
Así mesmo, no pleno, realizado o pasado 26 de agosto, tamén se aprobou por unanimidade a instancia do Partido Popular de Sarria de levar a cabo un proxecto para ampliar o abastecemento de auga pública municipal a Castelo dos Infantes. Esta cuestión, según o PP, é unha reclamación dende fai tempo xa, dos veciños e veciñas que están captando a auga dende o río.
De feito, esta actuación financiarase co cargo ao Plan Único 2022.