Aprobadas as mocións presentadas no pleno polo PSOE e o PP

SarriaXa
O último pleno do Concello de Sarria, que se celebrou o último día de febreiro, acolleu a presentación de sendas mocións por parte do PSOE e do PP, que foron aprobadas.
1 Mar 2024

O último pleno do Concello de Sarria, que se celebrou o último día de febreiro, acolleu a presentación de sendas mocións por parte do PSOE e do PP, que foron aprobadas.

Pola parte dos populares, os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Sarria propuxeron que o Concello se dirixa ao Goberno central para “esixir a flexibilización da normativa europea para que “non afogue aos gandeiros”.

A portavoz, Carmen José López, defendeu “a importancia do sector agrogandeiro para o noso municipio dende o punto de vista produtivo, económico, social e medioambiental”.

Así, esta moción foi aprobada cos votos a favor do PP e do BNG e contou coa abstención do PSOE e Camiña Sarria.

Mocións do PSOE

Pola súa parte, os socialistas conseguiron aprobar tamén a súa moción, na que pedían incorporar máis ciclos de formación profesional nos institutos Gregorio Fernández e o Xograr Afonso Gómez.

Desde o PSOE defenderon que hai “unha necesidade de especialidades que deben adecuarse ás demandas actuais do alumnado”. Concretamente, avogaron por crear un ciclo de hostalaría e un ciclo da rama sanitaria, debido á cantidade de residencias e centros sanitarios que ten a comarca.

Por outra banda, o PSOE de Sarria tamén presentou unha moción que foi aprobada na que propoñen instar á Xunta de Galicia a implantar un Punto de Encontro Familiar que dea servizo e apoio aos problemas de menores e familiares en situación de crise de toda a comarca.

Con respecto a suba das taxas que levaba o Goberno de Camiño Sarria a pleno, a do cementerio, vados e postos da feira non saíron aprobadas, só estiveron a favor os partidos da oposición de levar a cabo un regulamento das terrazas, aínda que o Goberno local non levaba prezos min tarifas novas.

0.15934801101685