Aprobado o expediente de contratación da obra no acceso a San Breixo en Triacastela
O Concello de Triacastela aprobou no día de onte o expediente de contratación da obra de mellora do acceso ao núcleo de San Breixo, nun procedemento aberto simplificado sumario, así como o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares, que serviran de base á licitación.
O prazo de execución será de tres semanas e o orzamento base de licitación é de 26.905,27 euros IVE incluído.
O Prego de cláusulas administrativas da adxudicación do contrato -mencionado anteriormente-, e o proxecto técnico poderanse consultar no perfil do contratante da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, podendo acceder ao mesmo desde a dirección https://triacastela.sedelectronica.gal/.
Os interesados poderán solicitar información adicional sobre os pregos e demais documentación complementaria cunha antelación mínima de cinco días á finalización do prazo de presentación de proposicións.