Aprobados os orzamentos do ano 2024 en Paradela sen o voto a favor do PSOE
SarriaXa
O Goberno local de Paradela vén de aprobar o seu orzamento para o ano 2024 cos votos a favor dos concelleiros do PP, que ascenden a 1.
5 Dec 2023
O Goberno local de Paradela vén de aprobar o seu orzamento para o ano 2024 cos votos a favor dos concelleiros do PP, que ascenden a 1.790.000 euros, 60.000 euros máis ca o ano anterior.
O Partido Socialista de Paradela, encabezado por Iván Castro, non votou a favor dos orzamentos presentados polo Goberno local de Paradela ao non incluír unha partida especial para o Servizo de Axuda no Fogar. Así, os socialistas consideran que “se debería mellorar o trato aos traballadores e facer unha revisión do contrato”.
Por outra banda, tamén criticaron que non se contemplara na partida presupostaria un aspecto con respecto ao IBI rural, e cren que as partidas eran “moi xeralistas”, polo que non saben “a que obras van dedicadas concretamente”, sosteñen.