Arredor de 1.400 personas participarán no Entroido de Sarria este domingo

Este domingo, 2 de marzo, as rúas de Sarria converteranse nun escenario de festa, cor e creatividade co gran Desfile de Entroido 2025.
A partir das 17.00 horas, máis de 20 grupos e arredor de 1.400 participantes encherán a vila cunha explosión de música, disfraces e espectáculo.
O percorrido partirá dende a Saída da Feculera, pasando polas rúa da Liberdade, Diego Pazos e Matías López, ata chegar á Praza da Vila.
Ademais, pensando nas persoas con hipersensibilidade acústica, na rúa da Liberdade haberá un tramo de son moderado para garantir unha experiencia inclusiva para todos os asistentes.
O broche de ouro deste festexo chegará ás 19.00 horas na Praza da Vila, onde se levará a cabo a entrega de premios, cun total de 6.050 euros en galardóns para os mellores disfraces e comparsas.
A música en directo de Gramola Gominola animará o peche dunha xornada inesquecible.