Arredor de 160 rapaces e rapazas participan na XV edición do Campus Baloncesto no Camiño de Sarria

SarriaXa
Arredor de 160 rapaces e rapazas participan na XV edición do Campus Baloncesto no Camiño de Sarria e hoxe é a presentación
Campus Baloncesto no Camiño Sarria
21 Xul 2023

Os organizadores da XV edición do Campus Baloncesto no Camiño desenvolven hoxe o acto de presentación do evento, que se está a desenvolver desde o 15 de xullo e ata o domingo, 23 de xullo.

No devandito acto, ademais de contar as novidades do Campus por parte do director do Campus, Miguel Ángel Hoyo, tamén acudirá o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, e o concelleiro de Deportes, Félix Seijas, cos que se realizará a tradicional foto de familia do Campus.

Esta é a XV edición do Campus, "onde unha vez máis se ocuparon todas as prazas, habendo 160 participantes de entre 8 e 17 anos e de moi diversos puntos do territorio galego e tamén de Castela e León, Madrid, Euskadi ou Ceuta", explican desde a organización, que destaca o bo corpo técnico de case 30 persoas, que serven para dar atención a todo.

Desenvolvemento do campus

No Campus realízanse adestramentos de técnica individual desde a mañá e despois faise unha rotación por estacións para que todos os adestradores poidan traballar con todos os grupos. Ademais, ao mediodía, sempre vai algún grupo á piscina de forma progresiva.

O domingo, terá lugar a exhibición final dos participantes para ensinar ás súas familias que aprenderon durante esta semana de adestramentos en dúas linguas, xa que era bilingüe.

Así, os adestradores estarán preparados para esta gran función final, pero todo debe estar organizado, xa que terá lugar ás 10.00 horas no pavillón novo. Así, exhibiranse os recursos practicados durante a semana as competicións, onde os pais poderán asistir.

0.1474871635437