Arredor de 250 persoas desfrutaron da Festa dos Maiores de Samos

SarriaXa
O Concello de Samos celebrou a súa Festa dos Maiores, na que participaron arredor de 250 persoas que se reuniron na zona cuberta do campo da festa para desfrutar dunha comida popular.
Festa dos Maiores de Samos (1)
6 Maio 2024

O Concello de Samos celebrou a súa Festa dos Maiores, na que participaron arredor de 250 persoas que se reuniron na zona cuberta do campo da festa para desfrutar dunha comida popular.

Así, esta comida popular foi gratuíta para as persoas maiores de 60 anos empadronados no municipio, o que fixo que moitos se animaran a participar desta iniciativa na que tamén houbo animación musical dun grupo tradicional.

A alcaldesa, Chus López, deu a benvida aos veciños e veciñas e deulles as grazas por asistir, así como lles animou a desfrutar da comida, da música e da compañía e, incluso, levouse comida ás persoas que non puideron asistir ás vivendas comunitarias.

0.18601393699646