Arredor de 500 persoas participaron da XVIII Festa dos Maiores de Sarria

SarriaXa
Elena Díaz Fernández tamén foi homenaxeada durante este evento, xa que vén de cumprir os seus 100 anos
Festa-dos-Maiores-de-Sarria-2024
28 Out 2024

Sarria celebrou a súa XVIII Festa dos Maiores, na que participaron arredor de 500 persoas no pavillón de deportes do Instituto.

A festa comezou o 26 de outubro ás 13.00 horas coa actuación de Peleriños, para logo, ás 14.00 horas ter lugar o xantar. Ás 16.30 horas tivo lugar a homenaxe aos once matrimonios que celebraron as súas vodas de ouro no 2023 e 2024 e ás 17.30 horas tivo lugar o baile con música en directo.

Ademais, Elena Díaz Fernández tamén foi homenaxeada durante este evento, xa que vén de cumprir os seus 100 anos. A sarriá, recoñecida polo seu labor na Unión xunto á súa familia, recibiu unha plaza conmemorativa.

Por outra banda, o Concello sorteou agasallos entre os asistentes cedidos por parte de máis de 60 establecementos sarriaos, que entregaron cestas, vales en restaurantes ou para compras, sesións de fisioterapia ou noites de hotel.

0.17504501342773