Arredor de 70 vehículos e centos de afeccionados participaron na primeira Festa do Motor 4x4
Esta fin de semana Sarria acolleu a primeira Festa do Motor 4x4 organizada polo Concello de Sarria e o club Os Carro x Catro e coa colaboración da Xunta e Deputación de Lugo.
Desta maneira, arredor de 70 vehículos diversos, como motos, buggies e todoterreos, encheron o polígono industrial O Morelle, onde se instalou un circuíto con probas de velocidade e obstáculos.
Ademais dos participantes, o evento acolleu centos de afeccionados que se achegaron ao polígono de todas as provincias de Galicia e tamén viñeron persoas de Asturias, que destacaron o bo desenvolvemento das probas e pediron máis iniciativas deste tipo.
Por todo isto, desde o club Os Carro x Catro anunciaron que intentarán que a cita sexa anual e por estas datas, coincidindo o peche de temporada de rutas, xa que o éxito desta edición deixa con ganas de máis.