Arredor de 700 persoas participarán este domingo na Pretorian Race Sarria Extreme

SarriaXa
A Pretorian Race Sarria Xtreme celebrarase en Sarria o vindeiro domingo, 15 de outubro despois de que membros da asociación Pretoriano Club, organizadora do evento, e das demais entidades implicadas presentaran o cartel.
Presentacion Pretorian Race Sarria
11 Out 2023

A Pretorian Race Sarria Xtreme celebrarase en Sarria o vindeiro domingo, 15 de outubro despois de que membros da asociación Pretoriano Club, organizadora do evento, e das demais entidades implicadas presentaran o cartel.

Nesta carreira de obstáculos participarán máis de 700 deportistas procedentes de Galicia, de diferentes lugares de España e doutros países como Portugal ou Andorra, nun percorrido duns oito quilómetros e de entre 32 e 35 obstáculos naturais, como gabias ou árbores, e artificiais, entre os que figuran rodas, muros ou estadas.

Desenvolvemento da carreira

A carreira partirá das inmediacións do campo de rugby de Sarria e transcorrerá por un tramo urbano da ruta Xacobea, A Ribela, varios camiños e leiras e regresará ao punto de inicio.

Enmarcada na Liga AOCO España, a competición dividirase en quendas cun máximo de 100 persoas cada unha. As máis numerosas serán as populares, abertas a todo tipo de público.

Tamén haberá unha categoría Élite para corredores de alto nivel que participan en campionatos dentro e fóra de España para puntuar en ligas nacionais, europeas e mundiais; e outra categoría Started para deportistas experimentados pero que non buscan puntuar.

Javier Arias, que participou do evento, subliñou o apoio da Xunta a este tipo de actividades que “fomentan o deporte e o traballo en equipo”. Ademais, esta cita “impulsará a economía da zona” e “constituirá un bo escaparate para dar a coñecer todos os recursos de Sarria”, xa que á elevada afluencia de xente prevista súmase o reflexo que terá en medios de comunicación e redes sociais.

0.15192484855652