Arredor de 85 persoas participaron na festa polo San Miguel que se celebrou en Goián

SarriaXa
Desde a directiva da Asociación de Veciños de Goián, representada por Jéssica, Jose e Kevin, destacan a boa acollida desta iniciativa
celebración-San-Miguel-en-Goián
Jéssica e Jose, da directiva da Asociación de Veciños de Goián
30 sep 2024

A Asociación de Veciños de Goián, na parroquia do mesmo nome de Sarria, organizaron as festas de San Miguel este domingo, 29 de setembro, na Escola de Goián.

Así, xuntáronse arredor de 85 persoas que se achegaron desde as súas casas en Goián e máis persoas de fóra da parroquia para desfrutar, todos xuntos, dunha comida popular.

Todo comezou ás 13.00 horas coa sesión vermú, seguida do xantar ás 14.00 horas no que houbo empanada, xamón cocido, churrasco con patacas e larpeira.

Desde a directiva da Asociación de Veciños de Goián, representada por Jéssica, Jose e Kevin, destacan a boa acollida desta iniciativa e a alegría de xuntar tantas persoas celebrando en Goián.

0.18899703025818