Máis de cen veciños de Valenzuela regalan a Sarria unha alfombra floral

SarriaXa
Arredor de cen veciños e alfombristas de Valenzuela, na provincia de Córdoba, regalan a Sarria unha alfombra floral
alfombra flores sarria portada
29 Ago 2022

Uns cento once alfombristas de Valenzuela, na provincia de Córdoba, regalan ao concello de Sarria unha alfombra floral de grandes dimensións na que traballaron toda a fin de semana, fronte á igrexa de San Salvador.

A alfombra convértese así nun férreo símbolo de irmandamento entre pobos a través desta preciosa arte.

A vila de Valenzuela, foi invitada a formar parte da Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, xa que este municipio ten na festa do Corpus Christi un elemento diferenciador que encerra en sí mesmo a súa principal característica. O deseño da alfombra de flores multicolor de centos de metros encherá as rúas da poboación de poboación, na mencionada festividade.

ALFOMBRA XACOBEO

A Alfombra mundial do Xacobeo deste 2022, conta coa participación de 310 cidades de todo o mundo. Entre estas cidades que se inscribiron ao evento de Arte Efímero atópanse 107 españolas, 74 italianas, 28 da India, 22 de México, 14 de Portugal y outras tantas repartidas noutros países de todo o mundo.

O proxecto, impulsado un año máis pola Comisión Xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago, foi deseñado por Antonio Cuhna de Setúbal e sitúa a cruz de Santiago coma o faro que guía aos peregrinos cara poñente. É unha alfombra na honra a Santiago Apóstol.

0.059384822845459