Artesanía de Galicia organiza en Triacastela un obradoiro de artesanía para todos os públicos

SarriaXa
Artesanía de Galicia organiza en Triacastela un obradoiro de artesanía para todos os públicos e terá lugar o martes 28
Artesania Silvent
27 Mar 2023

O Concello de Triacastela acolle un obradoiro de artesanía o vindeiro 28 de marzo, martes, entre as 12.00 e as 19.00 horas.

Artesanía de Galicia organiza esta actividade na que rematarán xoguetes de madeira.

Este taller é aberto e gratuíto ao público adulto e infantil e terá lugar na Fonte do Lunar.

Será impartido por Artesanía Silvent con motivo dos Días Europeos da Artesanía 2023.

Artesanía de Galicia Triacastela
0.15420293807983