Arthur Manton asinou no Libro de Ouro do Concello de Triacastela

SarriaXa
Arthur Manton asinou no Libro de Ouro do Concello de Triacastela antes de marchar para Londres durante unha tempada
Arthur Manton Triacastela
10 Xul 2023

O pintor inglés Arthur Manton, afincado na aldea da Balsa, Triacastela, desde hai 16 anos, vaise unha temporada a Londres para expoñer por cuarta vez as súas obras no Castelo de Windsor.

Manton, que abriu a Art's Gallery no concello da comarca sarriá para amosar a súa arte a peregrinos e visitantes, asinou no Libro de Ouro do Concello de Triacastela.

Ademais, tamén deixou unha das súas creacións que pintou na súa galería da Balsa e que permanecerá para sempre nas súas páxinas.

0.14199614524841