As Aceas foi o destino do segundo ciclo de paseos en Sarria

SarriaXa
Os paseos guiados de balde que puxo en marcha o Concello de Sarria  chegaron este domingo 3 de xullo á súa segunda sesión.
guido guia paseos por sarria portada
6 Xul 2022

Os paseos guiados de balde que puxo en marcha o Concello de Sarria  chegaron este domingo 3 de xullo á súa segunda sesión, tendo como lugares de percorrido  As Aceas e os arredores do río Sarria. O evento tivo unha variada participación de xente de distintas nacionalidades como  Perú, Venezuela, Moldavia, Lituania e Irlanda, así como veciños de Sarria, Lugo, Ribadeo e A Coruña.

O seguinte paseo programado para este verán será o 7 de agosto, de 11.00 a 13.00 horas. Calquera interesado pode efectuar a súa inscrición en guidoguiaturismo@gmail.com.

0.14620494842529