As actividades deportivas, culturais e de ocio terán un prezo público en Láncara

SarriaXa
O Concello de Láncara vén de aprobar unha nova ordenanza fiscal para establecer prezos públicos para a prestación de actividades deportivas, culturais, recreativas e de ocio.
29 Xan 2024

O Concello de Láncara vén de aprobar unha nova ordenanza fiscal para establecer prezos públicos para a prestación de actividades deportivas, culturais, recreativas e de ocio.

Así, aprobouse co voto a favor dos socialistas, que gobernan en solitario no concello, mentres que os grupos do PP e do BNG se abstiveron no último pleno celebrado.

O alcalde, Darío Piñeiro, sostén que esta ordenanza establece prezos simbólicos e co obxectivo de evitar que as persoas se apunten a unha actividade e despois non participen dela, provocando prexuízos nos organizadores, polo que non responde a un afán recadatorio.

0.12093091011047