As asociacións Peleriños, Meigas e Trasgos, Huhú e Rúa da Música participarán do Festival Ultreia et Suseia
A segunda edición do Festival Ultreia et Suseia terá lugar entre os vindeiros 16 de xullo e 23 de agosto na vila de Sarria, que contará con espectáculos de comedia, narrativa oral, música e palestras, toda ela conformada por artistas galegos.
Ultreia et Suseia, cuxo nome fai referencia ao histórico saúdo no Camiño de Santiago e que se pode traducir do latín como "Segue adiante, máis arriba", contará este ano, como novidade, coa incorporación ao evento distintas asociacións culturais da comarca de Sarria.
Así, as asociacións Peleiriños, Meigas e Trasgos, Huhú e Rúa dá Música de Sarria participarán nesta iniciativa que desde a organización, por parte da entidade Etiqueta Negra, defenden que é unha "oportunidade para fomentar o intercambio cultural e así impulsar o tecido cultural galego".
Este evento será xeralmente gratuíto, agás os espectáculos cómicos David Amor, Pablo Meixe e Danny Boy-Rivera, Xosé A. Touriñán e Luís Piedrahita; cuxas entradas xa están á venda.