As bibliotecas escolares do Plan Plambe reciben un impulso

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Xunta vén de resolver as axudas do Plambe para este curso, ao que este ano se incorporan seis novos centros educativos da provincia de Lugo.
antas de ulla biblioteca
6 Sep 2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de resolver as axudas do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe) para o curso 2021/22, ao que este ano se incorporan seis novos centros educativos da provincia de Lugo.

Así na provincia de Lugo achegarase o próximo curso un total de 203.550 euros a 94 colexios e institutos para renovar fondos e mellorar mobiliario e equipamentos das súas bibliotecas.

En canto á distribución por zonas, na Mariña hai 30 centros integrados no Plambe que reciben 60.850 euros; na Zona Sur forman parte desta medida 17 escolas que disporán de 40.700 euros para investir nas súas bibliotecas; e na comarca de Lugo son 20 que perciben 38.300 euros – 14 deles son da capital luguesa-.

Pola súa banda, a Terra Chá e Meira contan con 16 centros incorporados que suman 31.850 euros; no municipio de Sarria están integrados 4 colexios e institutos que disporán de 12.800 euros; nas comarcas da Montaña figuran cinco que ingresan 11.400 euros; e outros dous en Monterroso e Palas de Rei (7.650 euros).

Os de nova incorporación son o CEIP Virxe do Corpiño (Begonte), CEIP Rosalía de Castro (Bóveda), CEIP de Palas de Rei, CEIP do Vicedo e dous de Sarria: a Escola de Educación Infantil e o CEIP Antonio Fernández López.

Reforzo das bibliotecas escolares

A Xunta artellou diferentes medidas este ano para reforzar as bibliotecas escolares, como unha nova liña de apoio para aquelas que están en centros do rural non integrados no Plambe, o deseño dunha acción de renovación da colección de materiais inclusivos para unha mellor atención á diversidade do alumnado, ou a extensión da convocatoria dos Clubs de Lectura aos centros de Educación Primaria.

O Goberno galego confía en que a flexibilización dalgunhas medidas fronte á covid-19 no novo curso que comeza permitirán recuperar espazos nos centros escolares como as bibliotecas, o que facilitará a prestación de servizos vinculados con programas de innovación educativa, entre outros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1538450717926