As Cegas de Ouselle actuarán en Samos o vindeiro 20 de abril

SarriaXa
O vindeiro sábado, 20 de abril, o trío As Cegas de Ouselle, formado por Aldara Palmeiro, Miguel Lustres e Antón Castro, actuará no Concello de Samos.
As Cegas de Ouselle
14 Abr 2024

O vindeiro sábado, 20 de abril, o trío As Cegas de Ouselle, formado por Aldara Palmeiro, Miguel Lustres e Antón Castro, actuará no Concello de Samos.

Concretamente, o lugar escollido é o forno de Lulle de Roxofrei, onde se porá en marcha de novo este forno para cocer e crear oleiría despois de sete anos sen usalo, xa que non hai quen o faga.

Desta maneira, o sábado xuntaranse a tradición da artesanía coa música das Cegas de Ouselle, que interpretarán romances, canción e pezas de baile e incluirán carteles como os antiguos das feiras para ambientar o espectáculo.

0.2147650718689