As clases de pilates xa comezaron en Paradela da man da Asociación de Mulleres Rurais

SarriaXa
A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela comezou o curso con diversas actividades para as veciñas e veciños do municipio, como é o inicio do curso de pilates, no que participan arredor de 15 persoas os mércores e xoves de 21.
pilates Mulleres rurais de Paradela
24 Out 2023

A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela comezou o curso con diversas actividades para as veciñas e veciños do municipio, como é o inicio do curso de pilates, no que participan arredor de 15 persoas os mércores e xoves de 21.00 a 22.00 horas.

Ademais, para este mes de novembro organizan dúas saídas; unha o 1 de novembro á localidade portuguesa de Cerdal para celebrar a Feira de Ano para comer alí o típico bacallau e pasear pola fortaleza; e outra o 25 de novembro a Portomarín.

Por outra parte, desde a asociación defenden que seguen a traballar na organización de diferentes eventos en datas sinaladas, como o nadal, os reis, o Entroido…

E, como última novidade, a Asociación de Mulleres Rurais de Paradela adheriuse a Rede provincial de asociacións culturais Irmandade Lugo Sempre, constituída ao redor da asociación luguesa Lugo Sempre, posta en marcha polo xornalista Paco Nieto.

0.083942174911499