As comunidades de montes acusan á Xunta de "intentar usurpar" estes terreos

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Organización galega de comunidades de montes denuncia o novo intento de confiscara titularidade dos montes para entregarlla a terceiros.
montes cervo caolín
12 Nov 2021

A Organización galega de comunidades de montes denuncia o novo intento do Partido Popular de confiscarlle a veciñanza comuneira a titularidade dos montes veciñais para entregarlla de balde a terceiros.

A ORGACCMM alerta de que o Partido Popular impulsa varias modificacións da lei de montes veciñais en man común actualmente vixente mediante a lei de acompañamento os orzamentos xerais de Xunta de Galiza para o ano 2022.

Indican que se sae adiante esta lei, bastara con que a Consellería do Medio Rural declare un monte veciñal en estado de grave abandono ou degradado para que este sexa enaxenado e entregado a unha empresa forestal para que o explote. "Esta declaración de monte veciñal abandoado  pode basearse en cuestións meramente burocráticas como pode ser o non envío en tempo do listado da veciñanza comuneira", din.

Denuncian ademais  que o monte comunal sería entregado por 50 anos e a veciñanza comuneira non poderá recuperar a xestión do seu monte veciñal ate pasados ese tempo, "o que fai inviable unha continuidade ou recuperación da xestión comunal do monte".

A ORGACCMM fai un chamamento ás entidades e organizacións que viven, traballan ou xestinan o medio rural para que rexeiten as modificacións da lei de montes veciñais que pretende introducir o Partido Popular e que teñen como obxetivo a eliminación dos montes veciñais en man común, que son unha seña de identidade do noso país.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15280389785767