As demandas de ruptura matrimonial aumentan en Galicia un 16,8 % no segundo trimestre

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O número de demandas de ruptura matrimonial (nulidades, separacións e divorcios) presentadas en Galicia no segundo trimestre deste ano foi de 1.
matrimonio anels divorcio
16 Out 2023

O número de demandas de ruptura matrimonial (nulidades, separacións e divorcios) presentadas en Galicia no segundo trimestre deste ano foi de 1.517, fronte ás 1.299 que se rexistraron no mesmo período de 2022, o que supón un aumento do 16,8 %. Poñendo en relación as demandas de ruptura matrimonial coa poboación a 1 de xaneiro de 2023, obsérvase que, por cada 100.000 habitantes, en Galicia contabilizáronse, no período estudado, 56,2 demandas, fronte ás 50,8 de media estatal. A taxa de Galicia é a cuarta máis alta do estado, só superada por Canarias (63,4), Illas Baleares (59,9) e Comunidade Valenciana (57,5).

Segundo os datos feitos públicos hoxe pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial, na comunidade aumentaron os divorcios consensuados (de 738 a 877, un 18,8 %) e os non consensuados (de 515 a 605, un 17,5 %). Pola súa banda, as separacións consensuadas pasaron de 33, no segundo trimestre de 2022, a 24, no mesmo período deste ano, mentres que das non consensuadas rexistráronse 8, fronte ás 13 do ano anterior. Entre abril e xuño, ademais, contabilizáronse tres peticións de nulidade matrimonial.

No segundo trimestre iniciáronse 220 procedementos de modificación de medidas consensuadas, un 37,5 % máis que nas mesmas datas de 2022. As demandas de modificación de medidas non consensuadas pasaron de 449 a 544, un 21,2 % máis.

En canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, rexistráronse 321 demandas de modificación de medidas consensuadas, fronte ás 243 do segundo trimestre de 2022, o que supón un aumento do 32 %; e 396 demandas de modificación de medidas non consensuadas (301 o ano anterior), o que representa unha subida interanual do 31,6 %.

0.14489817619324