As empresas interesadas en prestar o Servizo de Atención no Fogar no Incio xa poden presentar a documentación

SarriaXa
O Concello do Incio vén de sacar a licitación o servizo de axuda no fogar (SAF) nas modalidades de libre concurrencia e dependencia por valor de 120.
casa do concello de O Incio
29 Nov 2023

O Concello do Incio vén de sacar a licitación o servizo de axuda no fogar (SAF) nas modalidades de libre concurrencia e dependencia por valor de 120.432 euros e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o 13 de decembro.

Este servizo, segundo o alcalde do Incio, Héctor Corujo, é unha prestación social moi importante para case 50 veciños e veciñas, xa que 34 son persoas dependentes e 13 reciben o servizo en libre concurrencia.

Actualmente, hai 15 traballadoras que se encargan de levar a cabo o servizo, 11 delas contratadas polo Concello e as outras catro contratadas por unha empresa.

0.16258406639099