As familias do alumnado de 5 anos do CEIP Frei Luís de Granada de Sarria piden un espazo cuberto no patio

SarriaXa
As familias do alumnado de 5 anos do CEIP Frei Luís de Granada esixen a construción dunha zona cuberta máis ampla no patio escolar para acoller os seus nenos, xa que non caben cando chove, polo que quedan dentro das aulas.
colexio Frei Luís de Granada Sarria
7 Feb 2024

As familias do alumnado de 5 anos do CEIP Frei Luís de Granada esixen a construción dunha zona cuberta máis ampla no patio escolar para acoller os seus nenos, xa que non caben cando chove, polo que quedan dentro das aulas.

Este asunto xa foi tratado no Consello Escolar no curso 2021-2022 e elaborouse un escrito destinado á dirección do centro ao ano seguinte, pero, en vista de non haber cambios, volveron manter unha reunión o pasado 24 de outubro, na que se lles dixo ás familias que non se podía facer esa obra, xa que Patrimonio non deu permiso.

Así, o 15 de novembro procederon a presentar un escrito no servizo territorial de Inspección no que se pedía unha solución “digna, saudable e non discriminatoria”, xa que os nenos de 5 anos quedan dentro das aulas por non caber xunto cos demais nenos e nenas de infantil e non poden usar o ximnasio por considerarse “aulas de traballo”.

Segundo as familias, hai que “priorizar o benestar dos menores, xa que o recreo é un tempo necesario polos seus beneficios físicos, psicolóxicos, emocionais e sociais”, polo que presentaron agora na Xefatura de Educación en Lugo outro escrito pedindo de novo un espazo cuberto no patio para os seus pequenos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16446113586426