As Festas do Oural na honra a San Xosé Obrero desenvolveranse a vindeira fin de semana

SarriaXa
Ademais, no marco das festas, terá lugar o V Torneo Futsal de fútbol sala de Oural os días 19, 20 e 21 de xullo
Festas-Oural-Sarria
11 Xul 2024

Desde a Comisión de Festas do Oural organizan as Festas do Traballo na honra a San Xosé Obrero. Así, na parroquia sarriá desenvolveranse diversas actividades os vindeiros 20, 21 e 22 de xullo.

O 20 de xullo comezará a festa a partir das 23.00 horas con festa e verbena coa charanga CLK e a disco móvil Eme Music con Marcos Magán.

Pola súa parte, o día 21, domingo, haberá misa ás 13.00 horas na igrexa de Oural e procesión que rematará coa sesión vermú a cargo de Punto Clave. Xa ás 22.45 horas haberá festa e verbena tamén con Punto Clave e Costa Dorada.

Por último, o día 22 tamén haberá misa solemne ás 13.00 horas, neste caso na igrexa de San Xulián de Chorente e procesión e sesión vermú a cargo do Grupo Mar de Arousa. Para finalizar, á noite terá lugar a festa e verbena a partir das 22.45 horas con Mar de Arousa e o Grupo Cañón.

Ademais, no marco das festas, terá lugar o V Torneo Futsal de fútbol sala de Oural o 19, 20 e 21 de xullo ao que se poderán apuntar ata 15 equipos ata o vindeiro 15 de xullo.

0.1502251625061