As festas dos Remedios de Sarria terán lugar esta fin de semana

SarriaXa
Sarria celebra esta fin de semana a súas festas na honra á Nosa Señora dos Remedios, que incluirán tres días de actividades lúdicas e relixiosas.
Os remedios Sarria festa
6 sep 2023

Sarria celebra esta fin de semana a súas festas na honra á Nosa Señora dos Remedios, que incluirán tres días de actividades lúdicas e relixiosas.

Así, durante o xoves 7 haberá unha queimada popular a partir das 22.30 horas e despois virá a verbena con diversos grupos musicais que amenizarán a primeira xornada das festas.

Xa o día 8, venres, terá lugar a misa maior ás 13.00 horas, seguida da procesión e a sesión vermú amenizada pola orquestra Verano Azul, que tamén actuará pola tarde conxuntamente coa Charanga de Paradela. Por último, á noite, será a quenda da Acirema.

Pola súa parte, o sábado día 9 tamén se celebrará unha misa maior ás 13.00 horas, seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo grupo Paradanta, que tamén actuará pola tarde, amenizando a xornada de verbena.

0.16930890083313