As IV Xornadas Técnicas de Pesca Mosca do Clube de Pesca Río Neira foron todo "un éxito"

O Clube de Pesca Río Neira de Láncara celebrou as súas IV Xornadas Técnicas de Pesca a Mosca no local polifuncional da Pobra de San Xiao cunha "grande afluencia de público", tal e como sosteñen desde a entidade.
A xornada consistiu nun día de convivencia entre socios do clube e persoas interesadas na pesca a mosca, polo que houbo persoas facendo moscas e estivo exposto material de pesca de dúas tendas especializadas.

Ademais, contouse coa participación de destacados expertos, entre os que se atopan Pablo Castro, Raúl Sánchez, Ali Pérez, Joaquín Quintas e Luis Sanda1000, que compartiron os seus coñecementos e experiencia e responderon a preguntas do público.
Tamén se lle fixo unha homenaxe a Pablo Castro, ao que se lle nomeou como socio de honra do Clube como un recoñecemento polo seu labor en pro da pesca a mosca.
"O campión Pablo Castro atraeu moita xente, que veu falar con el e este respondeu a todo de forma moi próxima", explican desde o club, no que tamén destacan que o "éxito desta xornada fixo que se uniran máis socios ao Clube de Pesca Río Neira".