As mostras 'Manuel Rodríguez López 2.0' e 'Paradela, senda infinita' foron presentadas na Coruña

SarriaXa
A presentación das exposicións 'Manuel Rodríguez López 2.
10 Jan 2023

A presentación das exposicións 'Manuel Rodríguez López 2.0' e 'Paradela, senda infinita' tivo lugar na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés.

Nesta, participaron Alejandra Mosquera, directora da Biblioteca; Siro López Lorenzo, autor do retrato que ilustra a exposición sobre Manuel Rodríguez López, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria.

Estas dúas mostras son unha iniciativa para celebrar o bicentenario do Concello de Paradela. En concreto, 'Paradela, senda infinita' repasa a historia do municipio ao longo de 16 paneis.

En canto a 'Manuel Rodríguez López 2.0', esta mostra forma parte do proxecto Manuel Rodríguez López, emprendido por GaliciaDigital, o Colectivo Egeria e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística), a Real Academia Galega e Endesa.

Está composta por doce paneis, nos que se reflicte a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Cataluña a maior parte da súa obra, e foi ademais dun grande animador das actividades galegas nesta comunidade, o vínculo perfecto entre Galicia e os gallegos emigrantes en Cataluña.

Manuel Rodríguez López e tamén fillo predilecto do Concello de Paradela, e dá nome á Casa Municipal de Cultura e a un Certame Literario do que está en marcha a XXVIII edición.

0.15410900115967