As obras da praza pública con vistas ao mosteiro de Samos avanzan en bo ritmo
SarriaXa
As obras da praza pública con vistas ao mosteiro de Samos avanzan en bo ritmo e estará terminada en xuño, segundo as previsións
18 Apr 2023
As obras para construír unha praza pública en Samos avanzan a bo ritmo, segundo apuntan desde o Concello.
Esta praza con vistas ao mosteiro e ao río, cuxa construción comezou en marzo, estará rematada en xuño e contará cun acceso desde a Rúa Fontao e desde o paseo xunto ao río.
A praza ofrecerá unhas vistas “privilexiadas” ao monumento máis importante de Samos á abadía, como recolle o proxecto, que tamén contempla a elección do lugar, que engloba as características que identifican á localidade samonense, como son o río, o Camiño de Santiago e a natureza. Así, este espazo xuntarase co paseo que bordea o mosteiro.