As obras de construción do túnel de Oural finalizarán o vindeiro ano

SarriaXa | RibeiraSacraXa
As obras de construción do túnel de Oural finalizarán o vindeiro ano con proxectos de modernización do tramo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo
vía tren adif
19 sep 2022

A construción do novo túnel de Oural forma parte dos proxectos de modernización do corredor ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo e perseguen una dobre finalidade: mellorar o estado da infraestrutura e aumentar a fiabilidade das liñas e a calidade do servizo.

Cun importe superior aos 50.000.000 euros, as obras contaban cun prazo de execución de 29 meses y 21 días. Deron comezo en novembro do pasado ano 2021 e se prevé que a súa finalización teña lugar en 2023.

O contrato adxudicado comprende as obras de construción do novo túnel de 1,85 quilómetros de lonxitude, que substituirá ao xa existente en servizo, mellorando as súas prestacións. O novo túnel de Oural executouse en paralelo ao que xa existía, que se mantivo como galería de emerxencia-.

O túnel contará con liña área de contacto (catenaria), sistemas de sinalización e comunicacións adaptados á nova solución proxectada, sistema de ventilación e sistemas de protección civil, así coma instalacións de telecomunicacións e dúas zonas de instalacións auxiliares (ZIA), unha en cada emboquille.

Executaranse tres galerías transversais de evacuación, cunha distancia máxima de 500 metros entre unha e outra. A sección da galería central será apta para vehículos, mentres que as laterais serán de tipo peonil.

O PERCORRIDO

As actuacións de mellora do tramo en servizo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo teñen como obxectivo cumprir os compromisos de Adif coa optimización das condiciones de explotación comercial do traxecto, en parámetros como a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe.

Os traballos previstos inclúen a modernización e adecuación de instalacións existentes, así coma a electrificación a 25 kilovoltios en corrente alterna do corredor, adaptando a electrificación existente no tramo Ourense-Monforte de Lemos e dotando de catenaria e instalacións eléctricas ao tramo Monforte de Lemos-Lugo.

A primeira destas melloras, a variante da Pobra de San Xiao, entre Monforte de Lemos e Lugo, xa está en servizo dende abril de 2018. Entre os principais beneficios deste novo trazado, duns 7 quiilómetros de lonxitude, destaca a supresión dos 14 pasos a nivel do anterior traxecto, co conseguinte aumento da seguridade ferroviaria, vial e peonil, así coma o incremento da velocidade de paso dos trens ata os 160 quilómetros por hora.

Esta actuación será  financiada pola Unión Europea.

0.17072796821594