As obras de mellora de saneamento da EDAR de Sarria son supervisadas polo presidente da CHMS

SarriaXa
O presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil supervisa as obras de mellora de saneamento da EDAR de Sarria
edar sarria
3 Dec 2022

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, acompañados de Manuel R. Acebes, director técnico da CHMS, e de José Manuel López e Luis Amadeo López, membros da corporación municipal, visitaron as obras de mellora de saneamento da EDAR do municipio lucense de Sarria, actuacións executadas polo Estado e que supoñen unha inversión de 2.435.845 euros.

O obxectivo da actuación é asegurar unha porcentaxe do 100% de cumprimento das esixencias da Directiva 91/271/CEE, sobre tratamento das aguas residuais urbanas. Para elo, a obra está cofinanciada nun 80% do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020, que financia as infraestruturas necesarias para cumplir os hitos establecidos en dita Directiva, contribuíndo á conservación do medio ambiente.

O proxecto

Os traballos iniciáronse o pasado 7 de setembro de 2022 e consisten na construción dun colector interceptor no río Sarria e dun novo colector xeral sobre a traza do actual do colector interceptor xeral de entrada á EDAR, ademais de distintas melloras nesta infraestrutura.

O colector interceptor do río Sarria será unha conducción de 512 metros de lonxitude, construída mediante tubo de poliéster reforzado con fibra de vidro de entre 1000 e 1500 milímetros de diámetro, e cruza no seu percorrido a estrada LU-636. Na actualidade executouse máis do 50% desta parte da obra.

O novo colector xeral, de 125 metros de lonxitude, discorrerá dende a confluencia do actual Colector do Celeiro co Colector da rúa do Greco ata a nova estrutura de alivio a construír nas proximidades da EDAR, que regulará o caudal derivado á depuradora para non exceder a súa capacidade de tratamento e estará dotada de tamices auto-limpiantes para evitar que se deriven ó caudal do Río Sarria sólidos en suspensión maiores de 6 milímetros.

Outras actuacións

Durante a execución das obras está prevista a tramitación dunha modificación do proxecto para cambiar o punto de vertido desta estrutura de regulación, levándoo augas abaixo do emprazamento da EDAR e da illa de A Veiguiña, evitando causar danos neste entorno natural.

“Esta importante inversión do Miteco suporá a solución definitiva ós vertidos recorrentes ó caudal, para elo melloraremos a EDAR, substituiremos as conducións defectuosas e executaremos os dispositivos de tormenta necesarios”, concluíu Quiroga.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15358304977417