As persoas interesadas en apuntarse aos cursos de inglés da EOI de Sarria xa poden facelo

A extensión de Sarria da Escola Oficial de Idiomas anuncia que hoxe, a partir das 13.30 horas, calquera persoa interesada pódese matricular para practicar, aprender e socializar en inglés ata que se cubran as prazas vacantes.
As persoas interesadas en apuntarse a estas formacións para o curso 2023-2024 terá que facelo elixindo os niveis, dende principiante absoluto (A1) ata o 1º curso de avanzado (C1.1), aínda que tamén hai prazas nos grupos de A2, B1, B2.1 e B2.2.
Desde a Escola defenden que "o inglés é a ferramenta clave para comunicarse e progresar no mundo de hoxe" e animan a todas as persoas de Sarria a que se animen a apuntarse nos cursos, que terán horario de tarde e serán dous días á semana.