As persoas interesadas en ir a clases de gaita, percusión ou baile tradicional en Samos xa poden apuntarse

SarriaXa
A veciñanza de Samos conta con novas actividades a partir de outubro que consistirán en clases de gaita, percursión e de baile tradicional e as persoas interesadas en inscribirse poderán facelo ata o vindeiro 12 de outubro.
baile tradicional galego
2 Out 2023

A veciñanza de Samos conta con novas actividades a partir de outubro que consistirán en clases de gaita, percursión e de baile tradicional e as persoas interesadas en inscribirse poderán facelo ata o vindeiro 12 de outubro.

Así, as clases de gaita e percursión serán os sábados pola tarde. No caso das clases de gaita, terán lugar de 19.00 horas a 20.00 horas; mentres que as de percusión serán de 20.00 a 21.00 horas.

Pola súa parte, a aula de baile tradicional ofrecerá clases de baile os martes de 19.15 a 20.15 horas en Samos e o prazo de inscrición será tamén ata o 12 de outubro.

0.1220281124115