As persoas interesadas en participar no campamento de verán de Sarria poderán apuntarse desde este luns

SarriaXa
'Aventura no Camiño' inclúe actividades deportivas e de ocio organizadas pola área de Deportes
cartel-campamento-sarria
16 Xuño 2024

O Concello de Sarria organiza o campamento de verán 'Aventura no Camiño', que inclúe actividades deportivas e de ocio organizadas pola área de Deportes e comezarán o 1 de xullo para a rapazada de 9 a 16 anos.

As inscricións, que se realizarán enviando un formulario debidamente cuberto e firmado ao correo electrónico deporte@sarria.gal, poderánse enviar desde o 17 de xuño.

As prazas adxudicaranse por rigoroso orde de chegada e comunicarase mediante mail ou chamada telefónica para o pago da taxa, de 8,86 euros por quenda.

0.13843894004822