As persoas maiores de 55 anos xa poden matricularse na UNED Sénior

SarriaXa
A Universidade a Distancia, UNED, acaba de abrir o prazo de matrícula para as persoas que de máis de 55 anos de idade, con independencia da formación académica que posúan, no curso 2023-2024.
Uned senior Sarria
29 sep 2023

A Universidade a Distancia, UNED, acaba de abrir o prazo de matrícula para as persoas que de máis de 55 anos de idade, con independencia da formación académica que posúan, no curso 2023-2024.

Así, as persoas que queiran matricularse dalgún curso, grao ou máster, poderán facelo ata o vindeiro 27 de outubro para poder participar das clases ata febreiro de 2024.  Nos primeiros catro meses impartiranse cursos de "Inglés para viaxar" e de "Introdución á literatura galega".

O número de prazas dispoñibles é de 20 persoas e o importe da matrícula ascende a 50 euros, matrícula que se poderá formalizar presencialmente na Biblioteca Pública Municipal da Casa da Cultura de Sarria ou a través de internet.

Uned Sarria
0.13529801368713