As persoas relacionadas co polígono do Loio de Paradela terán reunións en outubro
SarriaXa
Todas as persoas con parcelas ou interesadas no polígono poderán participar dunha revisión parcelaria os días 1 e 2 de outubro
24 sep 2024
Desde o Concello de Paradela convocan a todas as persoas propietarias de parcelas e demais interesadas no polígono agroforestal de Loio o vindeiro martes e mércores, 1 e 2 de outubro.
Desta maneira, a partir das 9.30 horas e ata ás 14.00 horas e de 15.00 a 18.00 horas, terán lugar as reunións, que serán no camiño de acceso ao polígono agroforestal do Loio, onde se reunirán todas as persoas interesadas.
Así, comprobaranse as parcelas que hai, revisaranse os límites de ditos terreos e, de ser o caso, terá lugar o levantamento topográfico complementario.