As primeiras xornadas do programa 'Convivindo na igualdade' do Frei Luis de Granada foron un éxito

SarriaXa
As 'Xornadas de sensibilización familiar sobre a igualdade desde unha perspectiva socio-educativa' organizadas pola Asociación de Nais e Pais (Anpa) do Ceip Frei Luis de Granada foron todo un éxito.
Sarria Frei Luis Granada
18 Oct 2023

As 'Xornadas de sensibilización familiar sobre a igualdade desde unha perspectiva socio-educativa' organizadas pola Asociación de Nais e Pais (Anpa) do Ceip Frei Luis de Granada foron todo un éxito.

A xornada, enmarcada no programa que o centro desenvolve baixo o título 'Convivindo na igualdade'' e que recibu unha subvención enmarcada no plan de Axudas en desenvolvemento do plan corresponsables 2023 para poder desenvolverse, foi dirixido a alumnado das etapas de infantil, primaria e educación secundaria, así como ao conxunto da comunidade educativa, familias e ámbito do deporte.

Así, desde a Anpa do Frei Luis de Granada sosteñen que "foi un día inesquecible para a nosa comunidade educativa porque nos sentimos arroupados polas persoas que acudistes e queremos complementar e apoiar a todos os docentes dos centros educativos de Sarria, que priorizan o benestar emocional, físico e social do alumnado por enriba de todo".

Tamén quixeron agradecer aos clubs deportivos, aos representantes dos grupos políticos e asociacións que colaboran neste proxecto e aos concelleiros Ana Isabel Vergara López, concelleira de Igualdade, e a César No, concelleiro de Cultura pola "implicación, e asesoramento no acto e no programa".

Por último, quixeron agradecer á Xunta de Galicia o financiamento, o apoio, e os recursos, resaltando o papel de Sandra Vázquez Domínguez, secretaria na Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, pola súa "amabilidade , proximidade e empatía".

Pola súa parte, a secretaria xeral da igualdade, puxo en valor o firme compromiso da Xunta de Galicia de traballar coa poboación moza na sensibilización contra todo tipo de violencias e a favor da igualdade de oportunidades,  como único camiño para o cambio cultural que precisa a sociedade.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1624960899353