As usuarias da Casa do Maior de Penaxubeira no Incio, achegáronse ata o Concello de Folgoso do Courel

SarriaXa
Foron para para ensinarlles o proceso de creación do conto gañador do I Concurso de relatos curtos convocado pola Furgoteca
Casas-do-Maior-O-Incio-e-Folgoso-do-Courel
5 Dec 2024

As usuarias da Casa do Maior de Penaxubeira, na Cervela, no Incio, achegáronse ata a Casa do Concello de Concello de Folgoso do Courel para ensinarlles o proceso de creación do conto gañador do I Concurso de relatos curtos convocado pola Furgoteca.

Os usuarios e usuarias doutras Casas do Maior mantiveron un encontro coas autoras do relato e a ilustradora para coñecer o proceso de creación da historia e a realización das láminas. A partir dese relato agora creouse un Kamishibai.

Na xuntanza tamén participaron o alcalde do Incio, Héctor Corujo, e a alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro. Ambos destacan a importancia de todas as actividades que se están a organizar desde a Furgoteca nos pobos do rural lucense.

⚙ Configurar cookies
0.74833416938782