As viaxes á praia desde Paradela e O Páramo comezarán o 5 de xullo
Os concellos de Paradela e do Páramo organizan, un ano máis, varias viaxes á praia durante este verán nos meses de xullo e agosto para as persoas interesadas, estean ou non empadroadas nestes municipios.
Viaxes desde Paradela
Así, durante o mes de xullo, as viaxes desde Paradela serán os días 6, a Pontedeume; o 13, a Miño; o 20, a Foz; e o 27, a Riveira. Pola súa parte, no mes de agosto as saídas serán o día 3, a Montalvo; o día 10, a Viveiro; o día 17, a Boiro; o día 24, a Ares; e o día 31, a San Ciprián.
Con respecto aos prezos, será de 7 euros para as persoas empadroadas de máis de 14 anos, mentres que os menores empadroados poderán desfrutar destas viaxes gratis. Pola súa parte, as persoas que non están empadroadas terán que pagar 12 euros, no caso de ser maiores de 14 anos, e de 6 euros no caso de ser menores.
Viaxes desde O Páramo
Pola súa parte, o Concello do Páramo organizará a súa primeira saída o 5 de xullo, a Miño; a seguinte o 12, a Covas; o 19, a Ares; e o 26 a Foz; mentres que en agosto a primeira será o 2, a Cedeira; o 9, a Tapia de Casariego; o 16, a Barreiros; o 23, a Pontedeume; e o 30, a San Ciprián.
Estas saídas turísticas serán gratuítas para os nenos de 0 a 3 anos empadroados no Páramo, mentres que os de 4 a 10 anos terán que pagar un custo de 4 euros e os maiores de 10, terán que pagar 7 euros. No caso das persoas non empadroadas, o custo será de 7 euros para os menores de 7 anos e de 12 euros para os maiores de 10 anos.
Todas estas viaxes terán como punto de saída o Mercado Gandeiro ás 08.30 horas, no caso de Paradela, e o Campo da Feira do Páramo ás 09.00 horas, no caso do municipio paramés.