As vivendas comunitarias de Samos acollen clases de ximnasia para os maiores do municipio
Son moitos os veciños e veciñas do concello de Samos que se veñen de apuntar ás clases de ximnasia dirixidas por unha monitoria especializada no tema que se están a impartir ós luns e ós venres.
A traballadora social do Concello, Elena Pereira, confirma que “estas actividades están a desenvolverse nas vivendas comunitarias que temos en Samos. Estas vivendas están habilitadas para persoas autónomas sen ningún grado de dependencia ou como moito que sexan de grado 1”.
Pereira destaca tamén que “as actividades de ximnasia fanse precisamente porque os usuarios aínda teñen mobilidade e se pretende conservala o maior tempo posible e fomentar un estilo de vida activo”.
Do mesto xeito, resalta a “boa acollida que están a ter” e explica que “están impartidas por unha monitora con amplos coñecementos no tema que vai os luns e os mércores unha hora cada día, e en principio impartiranse entre 12 e 14 sesións”.
Luces de Nadal
Outras iniciativa que está levando a cabo o concello de Samos nestas datas e a colocación das luces de Nadal. O seu rexedor, Julio Gallego, afirma que “tódalas luces estarán xa instaladas o luns día 5 de decembro aínda que os arcos instalaranse o xoves día 15 polo que procederemos a realizar o acendido das mesmas o venres 16”.