As ximnastas do Club Rítmica Atalaia de Sarria reciben un recoñecemento no Concello

SarriaXa
O concelleiro de Deportes acolleu ás campioas galegas de promoción nun acto de homenaxe polo seu esforzo e dedicación
Club-Ritmica-Atalaia-Sarria
2 Jul 2025

As ximnastas do Club Rítmica Atalaia de Sarria foron recibidas no Concello polo concelleiro de Deportes nun acto cargado de emoción e orgullo para todas as deportistas.

As integrantes do club, que recentemente se proclamaron campioas galegas de promoción, recibiron un merecido recoñecemento polo seu compromiso, traballo e constancia.

Durante o encontro destacou a importancia do apoio institucional para o desenvolvemento do deporte local e agradeceu a colaboración constante das familias, cuxa acompañamento é fundamental para o éxito destas novas atletas.

Desde o Club Rítmica Atalaia expresaron a súa gratitude ao Concello polo apoio brindado, así como a todas as familias que acompañan e apoian ás ximnastas na súa traxectoria deportiva.

⚙ Configurar cookies
0.13634300231934