As ximnastas do Club Xirandela remataron a tempada no Campionato Nacional Base de Conxuntos
As xuvenís profesionais da ximnasia rítmica do Club Xirandela de Sarria participaron do Campionato Nacional Base de Conxuntos que tivo lugar no Navarra Arena o último fin de semana de novembro.
Así, por segunda vez Navarra acolleu 18 días de competición dedicadas á ximnasia no que participaron máis de 7.000 deportistas en catro campionatos de tres disciplinas de ximnasia.
As catro citas están organizadas pola Real Federación Española de Ximnasia e a sociedade pública de Gobierno de Navarra NICDO, en colaboración coa Federación Navarra de Ximnasia.
Coa participación na competición o club pechou a tempada “orgullosísimas do traballo das ximnastas e felices polo moito que desfrutaron desta experiencia, premio a moitos anos de traballo”, sosteñen desde o club.