As ximnastas do equipo Prebase Xuvenil do Club Xirandela proclamáronse Campioas Galegas
O equipo Prebase Xuvenil do Club Xirandela de Sarria quedaron primeiras na Fase Final do Capionato Galego Prebase, gañando o título de Campioas Galegas no encontro que tivo lugar o 3 de xuño no Complexo Polideportivo dos remedios, en Ourense.
As rapazas do Xirandela conseguiron 16.90 puntos no XII Memorial Antonio Prada, enfrontándose contra outros 11 equipos participantes, polo que dende o club están moi orgullosos delas.
Pola súa parte, tamén tivo lugar o Campionato Galego Promoción, no que o equipo Promoción Xuvenil do club Xirandela conseguiu un "gran resultado", tal e como defenden desde o club, ao acabar quintas de Galicia, con 16.90 puntos e a 0,35 puntos de conseguir clasificarse entre os tres mellores equipos.
Nestre encontro, enfrontáronse a outros 13 equipos participantes, o que supón para o club un moi bo resultado