As Xornadas de Micoloxía da Asociación A Muiñeira desenvolveranse no mes de novembro

SarriaXa
O domingo, 10 de novembro, montarase a exposición de cogomelos na parte baixa da Casa da Cultura
Jose-A-Muiñeira-en-Triacastela
31 Out 2024

A Asociación A Muiñeira de Sarria organiza no mes de novembro as súas xornadas micolóxicas co fin de promover diversas actividades arredor do mundo da micoloxía.

Desta maneira, a primeira delas será o vindeiro 8 de novembro ás 20.00 horas na Casa da Cultura. Esta será unha charla coloquio de introdución á micoloxía que impartirá o presidente da asociación, José Folgueiras, e Miguel Raposo.

Pola súa parte, o sábado 9 terá lugar unha excursión en bosques de frondosas do Val do Mao, no Concello do Incio, dirixida por Miguel Raposo. Nesta ocasión, as persoas participantes identificarán e recollerán cogomelos a partir das 9.30 horas, parando para comer no campo.

Xa o día 10, domingo, haberá outra saída para recoller cogomelos nos piñeirais de Santalla de Arxemil, en Sarria, neste caso guiada por José Folgueiras a partir das 9.30 horas e cunha comida nun restaurante de Oural.

Con todo, na tarde do domingo comezara a montar a exposición micolóxica no baixo da Casa da Cultura, que estará aberta para o público os días 11 e 12 de novembro.

0.17893099784851